Isabel Castillo

20150406Iniciou a súa andaina no dereito de familia de forma paralela á promulgación da Lei do Divorcio. Dende entón, converteuse na súa principal área de actividade profesional.

Consciente da especial necesidade dunha constante formación lexislativa, xurisprudencial e doutrinal, participa regularmente en xornadas e cursos relativos ao seu eido de traballo e impartiu clases de dereito de familia na Escola de Práctica Xurídica de Santiago.

A súa vontade é prestar un asesoramento que, por afectar a un ámbito tan íntimo como é o familiar, xunte a profesionalidade e a proximidade no trato co cliente, dando unha resposta individualizada para cada conflito que se lle presente.

Participacións en cursos:

  • Xornadas sobre a Liquidación da Sociedade de Gananciais celebradas os días 21 e 22 de maio do 1998 no ICA de A Coruña.
  • Xornadas sobre os procedementos de Familia na nova Lei de Axuizamento Civil celebradas os días 22 e 23 de setembro do 2000 no ICA de A Coruña.
  • Xornada sobre a proba na nova Lei de Axuizamento Civil celebradas o día 4 de maio de 2001 no ICA de A Coruña.
  • Xornadas sobre Mediación celebradas os días 17 e 18 de abril do 2008 no ICA de Santiago de Compostela.
  • XVI Xornadas de Dereito de Familia da AEAFA celebradas en Sevilla os días 29 e 30 de setembro do 2011.
  • XVII Xornadas de Dereito de Familia da AEAFA celebradas en Sevilla os días 27 e 28 de setembro do 2012.
  • Xornadas de Dereito de Familia da AEAFA celebradas en Santander os días 29 e 30 de maio do 2014.
  • II Xornadas de Dereito de Familia organizadas polo ICA de A Coruña e o Consello da Avogacía Galega en colaboración coa AEAFA, celebradas en A Coruña os días 27 e 28 de xaneiro de 2017.